GREGO

GREGO

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-9995-227-7
Páginas:
384
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

34,35 €

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.

Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación.

A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario.

Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado.

A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet.

Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames.

O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.

Otros libros del autor

  • GREGO 1º-2º BACH.
    Titulo del libro
    GREGO 1º-2º BACH.
    DE CAL CORTINA, MATILDE ; BÉRTOLO BALLESTEROS, JOSÉ MANUEL
    Disponible en 5 días

    40,00 €