GUIA DO AUTOSTOPISTA GALACTICO

GUIA DO AUTOSTOPISTA GALACTICO

Editorial:
2.0 EDICIONES
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-937579-0-8
Páginas:
220
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MUNDOS
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

17,55 €

Un xoves á hora de comer a vida de Arthur Dent, e a da poboación enteira dese soporífero planeta chamado Terra, ía mudar de xeito inexorable e repentino. Só Arthur e o seu particular amigo Ford foxen a tempo da demolición do planeta e inician unha estraña aventura espacial na compaña de suxerentes personaxes e obxectos futuristas: un androide paranoide un insólito presidente da Galaxia un motor de probabilidade infinita, un sorprendente libro que recolle todo o saber intergaláctico e que advirte QUE NON CUNDA O PÁNICO na súa cuberta ou un peixe babel causante dos máis catastróficos equívocos espaciais e, como non, unha indispensable toalla.


Douglas Adams (Cambridge, 1952-Santa Bárbara, 2001)

Douglas Adams compuxo, a partir da mestura de humor intelixente e provocación, esta súa obra máis célebre. Emitida por primeira vez en formato de relato radiofónico e publicada en cinco volumes entre 1979 e 1992.

Guionista da mítica serie Dr. Who e parte do grupo cómico que daría a luz aos Monty Python, Adams foi pioneiro en levar a súa obra ao concepto transmedia, pois publicouse tanto en formato de banda deseñada, serie televisiva e radiofónica, película, teatro e mesmo videoxogos.

Na súa honra, celébrase todos os 25 de maio en todo o mundo o Día da Toalla.