GUÍA VERDE DE SANTIAGO

GUÍA VERDE DE SANTIAGO. EDICIÓN EN GALEGO

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
ISBN:
978-84-89323-37-7
Páginas:
216
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

12,00 €

Chega ás librerías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica.

GUÍA VERDE DE SANTIAGO
UN PERCORRIDO ALTERNATIVO E INÉDITO POLA CAPITAL DE GALICIA
(Edición en Galego)

María Isabel Fraga, coord. Martín Souto e Daniel Castro
Impresa en papel reciclado e ecolóxico, consta de 216 páxinas a toda cor, con 250 fotografías, ilustracións e mapas de todos os parques e xardíns da cidade mais fichas prácticas de 130 especies arbóreas.

.

Trátase da Guía verde de Santiago unha obra co editada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago. A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.

PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS

Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables) esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico, sinxelo, inclúe 250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns, e fichas prácticas de 130 especies arbóreas. En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia. O libro divídese en dúas partes: A primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís.... De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas.

A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.