con ilustracións en branco e negro de Ronald Searle. Un libro divertido e irreverente sobre a vida escolar e un clásico da literatura ilustrada do século XX, para lectores a partir de 10 anos.
Nigel Molesworth non será o mellor estudante de St Custard’s, pero é quen de expresar os seus sentimentos cara ó seu amado colexio e de crear unha guía para recoñecer dunha ollada o inimigo (os profesores), para evitar as clases ou para torturar os pais.
“O único bo do colexio son os RAPAZES que son nobres balentes intrépidos etc. aínda que tamén hai varios chapóns, habusóns, miñaxoias, gordos cebados e pailáns ós que non me queda máis remedio que haturar.
De feito calquera colexio é unha cousa desastrosa.”
Habaixo o colexio!
Tradución de Moisés Barcia
Ilustracións de Ronald Searle
ISBN: 978-84-16884-00-1
Páginas: 110
Colección Intermedio
Rústica con lapelas
Geoffrey Willans (Tiverton, 1911-1958) naceu e educouse en Inglaterra, onde non só foi estudante, senón tamén un mestre observador. Despois de servir na Segunda Guerra Mundial, traballou na BBC como guionista. Autor de Habaixo o colexio!, How to be Topp, Whizz for Atomms e Back in the Jug Agane, colaborou asiduamente coas revistas humorísticas Punch, Liliput e Blackwoods.