HOMENAXE A EVARISTO DE SELA (1917-1994)

HOMENAXE A EVARISTO DE SELA (1917-1994). ESTUDOS E LEMBRANZAS SOBRE A VIDA E A OBRA DO HELENISTA E POETA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-9121-610-0
Páginas:
184
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,95 €

Evaristo González Fernández (Sela, Arbo, 1917-1994), «Evaristo de Sela», ocupa un posto moi relevante na historia das Letras galegas, nomeadamente como tradutor ao galego da «Ilíada» (1990) e da «Odisea» (1992), así como doutros textos moi significativos da poesía neohelénica. Salienta tamén a súa faceta de poeta en galego e en castelán. Encarcerado en cinco prisións franquistas no período 1936-1942, levou unha vida difícil durante moitos anos. Xa fóra da cadea, estuda a fondo o grego clásico, idioma ao que se dedicara con paixón nos lóbregos establecementos penitenciarios do primeiro franquismo.
Neste volume de homenaxe a Evaristo de Sela ofrécese un achegamento " e un entusiasta recoñecemento " a unha biografía cívica e intelectual admirable. Colaboran na publicación seis autores do eido da filoloxía clásica: algúns pronúncianse sobre aspectos poéticos, outros lémbrano desde a perspectiva familiar, desde a óptica dun colega amigo ou desde o punto de vista de quen sitúa o noso homenaxeado no humus no que emerxeu á vida e á cultura.