INDECENCIAS E CORRUPTELAS

INDECENCIAS E CORRUPTELAS. LIMIAR DE MANUEL RIVAS

Editorial:
CORSARIAS
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-16121-31-1
Páginas:
364
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 72h

20,00 €
Comprar



Gustaríame crear un personaxe da chamada novela negra coas mellores calidades do detective que acomete a súa pescuda co espírito dunha revolución, por limitada que sexa, nun tempo histórico de ausencia ou derrota da revolución. Esa revolución consiste, en primeiro lugar, en localizar o mal. O mal non é o espantallo tradicional que sinalan os cregos dende o púlpito ou os chiens de garde da comunicación ou a cultura ao servizo do que os nosos mestres librepensadores chamaban con tino as «tebras» ou a «reacción». "Ese meu heroe tiña que ser un home con virtude nun tempo canalla, mais non unha virtude exhibida senón exercida. A de quen atende a súa misión como unha estraña obriga e avanza, malia o desacougo, contra a estupidez ambiental, estabelecendo conexións onde hai unha aparencia de caos, descubrindo as causalidades na aparencia casual, e, en definitiva, construíndo un relato, unha orde xusta, onde antes existía unha desorde inxusta" E o detective que a min me gustaría inventar, a quen coñecín sendo un mozo mestre de escola, valente e incorruptíbel, é este autor de Indecencias e corruptelas chamado Manuel Monge.

Vicente Curtis



As subvencións á Igrexa católica

A Igrexa católica recibe cada ano máis de 10.000 millóns de euros das arcas públicas, incluíndo as transferencias á educación e á sanidade concertadas, segundo o cálculo realizado por Europa Laica.

O Goberno de Zapatero incrementou un 37% o diñeiro entregado por Facenda á Conferencia Episcopal para culto e salarios de bispos e sacerdotes. A través da cuadrícula da Igrexa Católica na declaración da renda ingresaba 249 millóns de euros en 2014. Outros 80 millóns de euros pola cuadrícula «Outros fins de Interese Social» do IRPF. Parte deste diñeiro dedícase tamén a sufragar custosas campañas para promover a represión sexual, a discriminación por razón de xénero ou orientación sexual, contra a liberdade da muller, contra os avances científicos ou contra a eutanasia e a morte digna.

A Igrexa católica aforra 1.000 millóns de euros pola exención do pago de numerosos impostos: non declara a Facenda polos salarios do clero, non paga imposto de transmisións, non paga impostos por actos xurídicos documentados, non paga imposto de sociedades, non paga o IVE, non paga o IBI e non paga o IRPF.

Pode ter explicación que as confesións relixiosas reciban fondos públicos para manter a súa obra social e o patrimonio histórico e artístico, mais deberían autofinanciarse e non ter privilexios económicos e fiscais.

Segundo o Real Decreto 2/2004 están exentos do IBI os lugares destinados ao culto e á educación, bens con carácter histórico ou instalacións sociais, mais a Igrexa católica ten numerosos edificios, algúns cun fin comercial, que non pagan ese imposto, como é o caso da hospedaxe que hai no interior do mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago. Só nesta cidade o pago do IBI pola Igrexa podería supor uns ingresos para o concello de 200.000 euros anuais.

A Igrexa católica recibe do Estado 4.600 millóns de euros para financiar centros de ensino concertados e pagar 16.000 profesores de relixión dos colexios públicos (700 millóns de euros). Recibe 3.200 millóns de euros para financiar dispensarios, centros para transeúntes, hospitais e centros de saúde, dirixidos por ordes relixiosas; 25 millóns de euros para o salario de relixiosos que exercen de capeláns en cárceres e cuarteis; 500 millóns de euros para a conservación do patrimonio artístico, propiedade da Igrexa; 290 millóns de euros para os gastos de eventos relixiosos e subvencións a asociacións de ámbito local. A organización da Xornada Mundial da Xuventude de 2012 tivo un custo de 60 millóns de euros para as arcas públicas.

Está claro que a Igrexa católica recibe todo tipo de privilexios económicos, xurídicos e políticos por parte do Estado. Hai unha violación continuada da Constitución e, realmente, estamos ante un Estado confesional encuberto.

Mantense esta situación polo apoio decidido do PP, mais tamén do PSOE, incapaz de converter nunha política diaria o que só defende na propaganda electoral. Tanto Zapatero como Rubalcaba falaban de suprimir os privilexios, mais o PSOE tivo 22 anos de goberno para aplicar esas políticas e non fixo nada.

Acabar con eses privilexios é unha reivindicación que está na rúa, apoiada polos sectores máis progresistas, e por iso, ás veces, dende o PSOE vense obrigados a lanzar algún xesto para o seu electorado. Preguntáronlle a Laura Seara (saíu elixida deputada polo PSOE en Ourense): «¿Qué propuesta del 15-M llevaría al Congreso?». E ela respondeu: «Avanzar hacia la neutralidad religiosa; por ejemplo, suprimir los privilegios en la legislación hipotecaria en beneficio de la Iglesia Católica» (El País, 12-11-2011). Afortunadamente, xa non enganan a ninguén con estas declaracións, que non teñen nada que ver coa práctica deste partido porque cando gobernaba, o PSOE non suprimiu estes privilexios.

Gobernaba o PSOE en 2006 cando o goberno de Zapatero asinaba un acordo económico do Estado Español coa Santa Sé o 22 de decembro dese ano —Paco Vázquez era o embaixador de España no Vaticano— que elevaba do 0,5 ao 0,7% a cantidade que recadaba a Conferencia Episcopal Española das declaracións da renda dos contribuíntes cando marcaban cunha aspa a cuadrícula da Igrexa. Ese mesmo acordo ampliaba a relación de exencións e beneficios fiscais dos que se beneficia a Igrexa católica. Que credibilidade vai ter o PSOE cando algúns dos seus dirixentes ameazan con pedir a anulación do Concordato?

Na Igrexa sempre estiveron listos para aproveitarse das ocasións. O goberno de Aznar modificaba en 1998 unha Lei Hipotecaria franquista de 1946, que lle permitía á Igrexa apropiarse de edificios, casas, cemiterios, fincas, etc, aínda que formasen parte do patrimonio público, estendendo este privilexio aos templos de culto.

No caso da Mesquita de Córdoba, construída entre os anos 780 e 785 por Abderramán I, a Igrexa católica pagaba só 30 euros o 2 de marzo de 2006 (Goberno de Zapatero) para inscribir este inmóbel ao seu nome no rexistro da propiedade de Córdoba. Poden facer esta operación porque, segundo esa Lei Hipotecaria, o bispo está equiparado a un notario —esta norma non está derrogada e para moitos expertos é inconstitucional—. Con este procedemento conseguiron a mesquita, un edificio de 23.400 metros cadrados en pleno centro da cidade, gratis total porque non aboa o IBI e

os gastos de restauración e conservación son pagados polo Estado. O negocio é redondo porque a entrada vale 8 euros e as visitas anuais superan o millón de persoas, por tanto, os ingresos poden superar os 8 millóns de euros, libres de impostos porque son considerados como donativos e non tributan.
Índice
Limiar: A historia do presente. Manuel Rivas
1. Mareas de indiganción
2. Un tempo de indecencias.
2.1. Os beneficios da banca e das grandes empresas.
2.2. Os ingresos e as pensións dos executivos e dos banqueiros.
2.3 A xubilacioón dos banqueiros.
2.4 A fraude a Facenda.
2.5 As SICAV
2.6 O mal exemplo dalgúns políticos. Política de "portas xiratorias"
2.7 A factura da luz e os beneficios das eléctricas.
2.8 A patronal está encantada cos gobernos do PSOE e do PP
2.9 Indultos para os ricos.
2.10. Bankia, o chiringuito do PP
2.11 Reforma da Constitución: Atentado ao Estado de Benestar
2.12 O gasto militar
2.13 As subvencións á Igrexa católica
2.14 Capitalimso senn corazón
2.15 Empresarios exemplares e "terrorismo" patronal
2.16 Prestige, impunidade total
3. A corrupción como forma de goberno.
3.1 A trama Gürtel
31.1 Comisións ilegais para o PP
3.1.2 Os negocios con Francisco Camps
3.1.3 "Todo va de puta madre"
3.1.4 Agasallos para todos e agasallos para o PP
3.1.5 Imputados e penas na primeira fase do "caso Gúrtel"
3.2 A trama Gürtel en Galiza. Feijóo no sabia nada
3.3 Corrupción do PP
3.4 Baltar, de "cacique bueno" a prevaricador
3.4.1 Baltar, a caixa B e o financiamento ilegal do PP de Ourense
3.5 O Caso Barcenas
3.5.1 "Un ejemplo de decencia" sempre apoiado polo PP
3.5.2 Un mentireiro, un tramposo e un defraudador
3.5.3 As contas en Suiza noutros países de Bárcenas e doutros dirixentes do PP
3.5.4 O pacto Bárcenas-Rajoy
3.5.5 Os papeis de Bárcenas ou a contabilidade B do PP
3.5.6 A contabilidade B en Galiza
3.5.7 Bárcenas rompe o pacto de silencio. Declaración ante o xuíz Ruz.
3.5.8. O pago de sobresoldos
3.5.9 Bárcenas no cárcere
3.5.10 As mentiras de Rajoy
3.5.11 Comparecencia ante o xuíz de Cascos, Arenas, Cristóbal Pérez e Cospedal
3.5.12 O PP non asume ningunha responsabilidade
3.5.13 A opinión da cidadanía
3.6 As doazóns de empresas ao PP. O Tribunal de Contas
3.6.1 Os ingresos por doazóns do PP de Galicia
3.7 O financiamento ilegal do PP. Ilegalizar oo Partido Popular
4. E nestas chegou Mariano
4.1 As políticas austericidas de Moncloa
4.1.1 Orzamentos Xerais do Estado para 2012
4.1.2 Rajoy anucia máis recortes no Congreso en xullo de 2012
4.2 Amnistía para os de arriba. Sancións para as persoas pensionistas retornadas do estranxeiro.
4.3 A reforma fiscal
4.4 As reformas laborais e a folga xeral do 29-M
4.5 Unha crise anunciada
4.6 A estafa das preferentes
4.7 Os desafiuzamentos
4.8 Do rescate da banca á intervención
4.9 Medidas do goberno de Rajoy e recortes sociais
4.9.1 A mobilización cívica. A Folga Xeral do 14 de novembro de 201. A Alianza Social Galega
4.9.2 Rexeitamento dos recortes sociais. Informes da ONU
4.10 Rajoy minte e o PP non cumpre as súas promesas
4.10.1 Aummento da débeda pública
4.10.2 Aumento do paro e destrución de emprego
4.10.3 A EPA do segundo trimestre de 2014
4.10.4 Valoración do goberno de Rajoy
4.11 Orzamentos Xerais do Estado para 2015

Epílogo
5.1 Quen paga a crise? Aumentan a pobreza e as desigualdades
5.2 Recorte das liberdades democráticas
5.3 Unha amnistia fiscal que non é transparente
5.4 A mobilización cívica suprime as taxas xudiciais
5.5 Bárcenas sae do cárcere e non "canta"
5.6 Os dirixentes do PP non sabían nada da corrupción e son exculpados.
5.7 Uns empresarios "xenerosos", que tamén foron exculpados.
5.8 O xuíz Ruz abandona a Audiencia Nacional. Xuizo oral do Gürtel
5.9 A xustiza non é inocente
5.10 A banca e as empresas do IBEX-35 seguen forrándose
5.11 Os nomes da corrupción
5.12 Máis corrupción do PP nos concellos galegos
5.13 Comenza o declive do PP despóis das eleccións municipais de 2015

**
Fernando Jabonero, demandante particular que denunciou esta vergoñenta situación e pedía que a Mesquita de Córdoba pasase ao patrimonio público, tiña as cousas claras: «Al final resulta que los principales abogados de la Iglesia en todo lo que tiene que ver con sus privilegios y prebendas han sido los sucesivos gobiernos del estado».

Desde 1998 a Igrexa inscribiu 4.500 propiedades —templos, casas, cemiterios, fincas, etc— sen publicidade e sen pagar impostos, é dicir, un auténtico roubo. Como está exenta de facer públicas estas adquisicións mediante un edicto, ninguén coñece a inscrición e non pode recorrer. Así, a Igrexa convértese nunha auténtica inmobiliaria porque despois de facer esa inscrición no rexistro, pode vender esas propiedades e obter as plusvalías correspondentes.

[...]

Revista Luzes

Otros libros del autor

  • OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
    -5%
    Titulo del libro
    OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
    MONGE GONZÁLEZ, MANUEL
    Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87...
    En stock

    29,95 €28,45 €

  • O PODER NA CORUÑA
    Titulo del libro
    O PODER NA CORUÑA
    MONGE GONZÁLEZ, MANUEL
    El autor defiende en este libro la tesis de que los órganos de poder en la ciudad son los mismos con el PP de Negre...
    CONSULTE DISPONIBILIDAD

    20,00 €