INDIANA

INDIANA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
CLÁSICA
ISBN:
978-84-1176-417-9
Páginas:
344
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

23,40 €
Comprar

Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX.
A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e inmorais naquel intre, coma o adulterio e o desexo feminino.
Á parte de cuestionar o modelo do matrimonio convencional e explorar os temas do amor, a liberdade e a emancipación feminina, George Sand ofrece un estudo da sociedade e os costumes da súa época, ademais de retratar o contexto histórico e político da convulsa Francia do momento, que combina cunha intriga sentimental. O seu estilo recorre a unha linguaxe poética na descrición das paisaxes e as emocións, ademais de dotar os personaxes de gran profundidade psicolóxica.