INFANCIA

INFANCIA. TR. RAFAEL SALGUEIRO

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-92866-50-2
Páginas:
188
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

17,00 €
Comprar

Tradución do inglés de Rafael Salgueiro

John é un neno de dez anos que vive en Worcester, unha pequena localidade ao norte de Cidade do Cabo, cunha nai pola que sente un complexo amor-odio, un irmán pequeno e un pai que detesta. Na escola é o primeiro da clase, un alumno modélico; na casa, un pequeno déspota. O medo, a vergonza e o engano que o atormentan en Worcester contrastan coa liberdade e paixón que sente pola granxa familiar, Voëlfontein, e polo veld, a chaira surafricana erma e inhóspita. J. M. Coetzee guía con man sobria e elegante esta viaxe polo seu intenso mundo interior, e fai unha afinada composición do tempo e do lugar que lle tocou vivir na Suráfrica da década dos cincuenta. Infancia é o primeiro dos tres volumes da triloxía de memorias ficticias do Nobel de Literatura, que continuará con Mocidade e Verán.

O autor

J. M. Coetzee (Cidade do Cabo, 1940) educouse en Sudáfrica e nos Estados Unidos. É profesor de literatura, tradutor, lingüista, crítico literario e un dos escritores máis importantes e premiados de Sudáfrica. En 1974 publicou a súa primeira novela, Terras de penumbra. Coas dúas seguintes, No medio de ningures e Agardando polos bárbaros, gañou o CNA, o premio máis prestixioso das letras sudafricanas. Foi o primeiro escritor que obtivo dúas veces o Booker Prize, por Vida e época de Michael K. e Deshonra. En 2001, ao recibir o Premio Reino de Redonda de mans de Javier Marías, elixiu o título de “Duque de Deshonra” en alusión a esta novela. O variado elenco de galardóns con que foi recoñecido acadou o seu cumio cando en 2003 lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura. Dende 2006, en que obtivo a nacionalidade australiana, vive na cidade de Adelaide.

Otros libros del autor

  • LA INFANCIA DE JESUS
    Titulo del libro
    LA INFANCIA DE JESUS
    J. M. COETZEE
    Una hermosa historia sobre la identidad, la amistad y la fuerza de los lazos familiares de la mano del Premio Nobel ...
    RECÍBELO EN 72H

    9,95 €

  • FOE
    Titulo del libro
    FOE
    J. M. COETZEE
    Disponible en 5 días

    8,47 €

  • DESHONRA
    Titulo del libro
    DESHONRA
    J. M. COETZEE
    Tradución do inglés de Moisés BarciaTras ensinar durante anos poesía romántica na Universidade Técnica de Cidade do ...
    Descatalogado

    18,50 €