IRIA

IRIA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-362-0
Páginas:
328
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

23,50 €

Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados.
Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa.
Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.

Otros libros del autor

  • O VALO DE MANSELLE
    Titulo del libro
    O VALO DE MANSELLE
    ANGUEIRA, ANXO
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • REXURDIMENTO, A PALABRA E A IDEA
    Titulo del libro
    REXURDIMENTO, A PALABRA E A IDEA
    ANGUEIRA, ANXO
    «Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tan...
    RECÍBELO EN 72H

    26,95 €

  • PENSA NAO
    Titulo del libro
    PENSA NAO
    ANGUEIRA, ANXO
    En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernans...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €

  • FÓRA DO SAGRADO
    Titulo del libro
    FÓRA DO SAGRADO
    ANGUEIRA, ANXO
    Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidad...
    Disponible en 5 días

    16,95 €

  • A ESPIRAL NO ESPELLO
    Titulo del libro
    A ESPIRAL NO ESPELLO
    ANGUEIRA, ANXO
    O presente estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da produción...
    RECÍBELO EN 72H

    39,50 €