JEFF WALL EL SENDERO SINUOSO

JEFF WALL EL SENDERO SINUOSO

Editorial:
XUNTA DE GALICIA
Año de edición:
Materia
ARTES
ISBN:
978-84-453-5025-6
Páginas:
247
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

40,00 €

Sinopse

A fotografía de Jeff Wall está consciente e fondamente enraizada no social: na comunidade artística de Vancouver, onde xurdiu o seu traballo a comezos dos anos setenta, nas políticas raciais e de xénero do noso tempo, que analiza con excelente claridade nas súas caixas de luz de gran formato equiparables coa pintura pola súa escala e pola súa magnificencia. Neste volume, editado polo profesor Hans de Wolf e con contribucións de artistas e estudosos da súa obra, como David Claerbout, Roy Arden, Michael R. Taylor ou Peter Osborne, atopamos unha colaxe das referencias culturais que influíron na obra do artista canadense canda unha selección de aproximadamente 25 das súas obras máis salientables, realizadas entre os anos setenta e a actualidade.
Temas:
Arte

O presente catálogo recolle a reprodución da totalidade das obras expostas na mostra, así como un numeroso e ricaz conxunto de textos que contribúen a esclarecer a xenealoxía artística e estética da que bebe e se desenvolve o traballo de Jeff Wall. Estruturado en 10 capítulos temáticos e cronolóxicos, cada un deles comeza cunha entrevista entre Jeff Wall e o editor Hans de Wolf, seguida logo por textos breves de artistas, críticos, historiadores da arte e outros autores, tracexando así unha confluencia de puntos de vista que configuran unha visión coral e moi completa do artista e da súa obra.

Otros libros del autor