LECTOR, O

LECTOR, O

Editorial:
HUGIN E MUNIN
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-122593-2-2
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

Cun propósito catártico, Michael Berg plasma por escrito a historia que, na adolescencia, o vinculou para sempre con Hanna Schmitz, a muller coa que, malia lle dobrar a idade, mantivo unha relación secreta caracterizada pola descuberta, o erotismo e unha atmosfera tan enigmática coma atractiva, na que tamén tiña cabida a lectura: día tras día, o mozo líalle en voz alta os grandes clásicos da literatura. Así decorrían as súas xornadas xuntos até que de socato ela desaparece. Anos máis tarde, Michael, xa estudante de Dereito, acode canda os seus compañeiros a un xuízo contra cinco gardiás dun campo de concentración, no marco do terror nazi. En consecuencia, vese enfrontado a uns feitos dramáticos e obrigado a calibrar os límites entre a compaixón e a xustiza; no ?n de contas, deberá recompoñer a lembranza da muller que amou a ?n de se liberar da culpa e do peso dos recordos.

Construída a partir de diversos elementos autobiográ?cos, O lector achega unha reflexión sobre a barbarie nazi e pinta, en paralelo, unha relación amorosa de fonda pegada. Aborda pois moitos dos problemas cos que as novas xeracións de alemáns tiveron que lidar tras a Segunda Guerra Mundial: a culpa, a redención e a responsabilidade. Esta sutil e valente obra foi traducida a máis de corenta linguas, vendeu millóns de exemplares en todo o mundo e foi distinguida con importantes premios a nivel internacional. Deu pé, así mesmo, a unha soada versión cinematográ?ca en 2009.

Otros libros del autor

  • LA NIETA
    Titulo del libro
    LA NIETA
    SCHLINK, BERNHARD
    El autor de El lector vuelve a lo grande con una nueva novela sobre las relaciones humanas y las grietas de la histo...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €

  • COLORES DEL ADIÓS, LOS
    Titulo del libro
    COLORES DEL ADIÓS, LOS
    SCHLINK, BERNHARD
    Este libro reúne nueve deslumbrantes relatos que presentan un minucioso catálogo de actitudes y emociones humanas. B...
    RECÍBELO EN 72H

    19,90 €

  • EL LECTOR
    Titulo del libro
    EL LECTOR
    SCHLINK, BERNHARD
    La guerra ha terminado. El pasado parece lejano. El tiempo se ha deteni­do en los barrios de Berlín, que miran ahora...
    Descatalogado

    10,90 €

  • OLGA
    Titulo del libro
    OLGA
    SCHLINK, BERNHARD
    Olga nace en la parte este del imperio alemán a finales del siglo XIX, sobrevive a dos guerras mundiales y muere en ...
    RECÍBELO EN 72H

    19,90 €

  • EL LECTOR
    Titulo del libro
    EL LECTOR
    SCHLINK, BERNHARD
    Un adolescente conoce a una mujer madura con la que inicia una relación amorosa. Antes de acostarse juntos, ella sie...
    En stock

    11,90 €