O pasado nadal trouxo un dos mellores regalos que podíamos agardar, un destes agasallos que moitas veces as crianzas non aprecian. Non, non foi roupa, foi un libro!. Non é o primeiro libro do Ourovello, pois xa se teñen publicado outros libriños, e outros mais que se publicarán.
Nesta ocasión trátase dunha colección de relatos curtos, “lembranzas dunha vida”, escritos pola nosa querida veciña Francisca ao longo dos últimos anos.