LONXE DE NÓS E DENTRO E OUTRAS PÁXINAS

LONXE DE NÓS E DENTRO E OUTRAS PÁXINAS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
CLÁSICA
ISBN:
978-84-1176-489-6
Páginas:
140
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

19,50 €
Comprar

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.
O novo volume desta colección conmemorativa é Lonxe de nós e dentro e outras páxinas, de Camilo Gonsar, con introdución da escritora Antía Yañez.
Saída do prelo na colección Illa Nova de Editorial Galaxia en 1961, tratase do debut dun autor clave dentro do proceso modernizador das letras galegas contemporáneas. Son, os relatos que compoñen esta obra, fondamente disruptivos coa tradición anterior. O fantástico e marabilloso esvaecen, e batemos cun realismo que acredita o baleiro da cotiandade nas grandes cidades, o absurdo da existencia e á alienación inherente a toda experiencia migratoria.
Di o propio, Gonsar no limiar á segunda edición en 1985: “ao reler os contos de Lonxe de nós e dentro, escritos a finais dos anos cincuenta, sorprendeume un feito ben sabido, pero que non se adoita medir en todo o seu alcance: a profundidade do cambio social que tivo lugar en trinta anos máis ou menos”. Pasaron xa outros 40 anos desta edición e o cambio social multiplicouse de xeito exponencial, mais hai algo que non mudou, a extraordinaria calidade literaria destes relatos. Pasen e gocen de Gonsar en todo o seu esplendor.

Otros libros del autor

  • RELATOS COMPLETOS. 1961-1995
    Titulo del libro
    RELATOS COMPLETOS. 1961-1995
    GONSAR, CAMILO
    Entre Lonxe de nós e dentro, publicado en 1961, e Arredor do non, de 1995, o seu mundo ficcional afírmase e expándes...
    Consulte previamente la disponibilidad

    21,40 €

  • LONXE DE NÓS E DENTRO E OUTRAS PÁXINAS
    Titulo del libro
    LONXE DE NÓS E DENTRO E OUTRAS PÁXINAS
    GONSAR, CAMILO
    Con estes relatos deuse a coñecer Camilo Gonsar en 1961 na colección Illa Nova da editorial Galaxia. Neles pódese ad...
    Consulte previamente la disponibilidad

    13,70 €

  • A NOITE DA AURORA
    Titulo del libro
    A NOITE DA AURORA
    GONSAR, CAMILO
    Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina solitaria ...
    RECÍBELO EN 48H

    19,00 €

  • COMO CALQUERA OUTRO DÍA
    Titulo del libro
    COMO CALQUERA OUTRO DÍA
    GONSAR, CAMILO
    A novela que se recupera no 2005 na colección literaria amosa algún dos trazos definitorios que a obra que Camilo Go...
    RECÍBELO EN 48H

    20,95 €