LUGARES

LUGARES. FOTÓGRAFO FERROLANO

Editorial:
FABULATORIO
Año de edición:
Materia
FOTOGRAFÍA Y FOTÓGRAFOS
ISBN:
978-84-940115-7-3
Páginas:
80
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Agotado

25,00 €

Lugares
Vari Caramés

«Cada mirada escolle a súa paisaxe»
—Mario Benedetti

As lembranzas son sempre borrrosas, imprecisas, evanescentes… Tal vez a fotografía sexa unha boa maneira de fixalos, de reter algún momento para poder contemplar, mirar…

— Vari Caramés
Ferrol (A Coruña), 1953

Autodidacta. Aos nove anos trasládese a vivir a Coruña. Con quince anos o seu pai, artista amateur, regálalle unha cámara Voiglander totalmente manual que o fotografase os seus cadros, debuxos e pezas de ferro forxado.

Máis tarde emprega a fotografía como «chuleta» nos seus estudos de Arquitectura Técnica, que xamais rematou. Nunca pretendeu vivir da fotografía pero agora non pode vivir sen ela. Interésalle acadar que o cotián e o ordinario resulte extraordinario.

Procura evocar, suxerir e facer soñar ao espectador. Amante do intemporal e do indefinido. Aprende a acadar efectos nos defectos. Non lle interesan as modas e as tendencias. Emprega o B/N e a cor de xeito indistinto.

Cre que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións. É máis intuitivo que intelectual e cre que o azar e máis emocionante que a certeza.