MAASAI

MAASAI

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9151-842-6
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,50 €
Comprar

A Editorial Galaxia publica Maasai, de Alberto Avendaño, con ilustracións de Xosé Freixanes.

Esta novela, publicada na colección Literaria, trata temas universais como o amor, a guerra ou a maxia dun pobo. A lírica de Avendaño, mestúrase co universo creativo de Freixanes dando lugar a un libro totalmente singular.

Maasai fai referencia á afouteza dun pobo nómade e guerreiro. Estas páxinas transportarán ás lectoras e lectores a vivir unha experiencia única.

Alberto Avendaño baseouse en feitos da historia Maasai e na vida do Laibon Mbatian, o seu líder espiritual, para crear unha rede de historias que observan e cuestionan ao ser humano. A través da retranca máis galega, lévanos ás raíces africanas, a través dunha viaxe que, tamén, supón unha introspección interior.

Algo do que aquí se conta, escoitouno o autor en Mombasa a mediados dos anos oitenta do século XX.
Alberto Avendaño (Vigo, 1957) é escritor e xornalista cunha carreira profesional en dous mundos (Galicia _TVG_ e Os Estados Unidos _The Washington Post), e en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Con Antón Reixa e Manuel M. Romón forma parte do Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983), vangarda literaria durante a transición democrática española, onde fai colaboracións artísticas con Menchu Lamas e Antón Patiño, así como cos músicos Enrique X. Macías e Julián Hernández (Siniestro Total). Traballou para a RTVGe o CDG, antes de emigrar aos Estados Unidos durante trinta anos, onde a súa obra se recolle en publicacións da Academia Norteamericana da Lingua Española, da que é membro. De regreso a Galicia, Avendaño volve a Rompente cos poemarios Que hostia din os rumororosos? (2021) e CAOSMOS (2022)con Antón Patiño. Autor de literatura infantil (dous Premios Barco de Vapor), teatro e tradutor ao galego de clásicos da literatura en inglés, Avendaño recibiu os recoñecementos máis importantes da prensa hispana dos Estados Unidos, así como tres Premios Emmy™ da Academia da TV estadounidense.

Otros libros del autor

  • A TROPA CONTRA O VIRUS
    Titulo del libro
    A TROPA CONTRA O VIRUS
    AVENDAÑO, ALBERTO
    Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A real...
    Disponible en 5 días

    12,30 €

  • TEXAS
    Titulo del libro
    TEXAS
    AVENDAÑO, ALBERTO
    Logo de case vinte anos sen publicar poesía, Texas representa o regreso de Alberto Avendaño a este xénero literario....
    Disponible en 5 días

    12,90 €

  • AVENTURAS DE SOL
    Titulo del libro
    AVENTURAS DE SOL
    AVENDAÑO, ALBERTO
    Falar cos peixes do río, atopar o lobo, bater cunha bruxa, entrar nun paxo enmeigado... Velaquí algunhas das aventur...
    Disponible en 5 días

    11,00 €

  • LA TROPA CONTRA EL VIRUS
    Titulo del libro
    LA TROPA CONTRA EL VIRUS
    AVENDAÑO, ALBERTO
    Disponible en 72h

    15,95 €

  • BUENO CARALLO BUENO
    Titulo del libro
    BUENO CARALLO BUENO
    AVENDAÑO, ALBERTO
    RECÍBELO EN 72H

    30,00 €