MAMA CARNE

MAMA CARNE. MAMA CARME AUTORA FERROLANA HOMENAXE A MEMORIA MATERNA

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-92644-77-3
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
En stock

10,00 €
Comprar

Autor: Rodríguez Vázquez, Paloma
Colección: Narrativa
Formato: 13x21 cm
Edición: 2014
Idioma: galego
Páxinas: 48
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-92644-77-3

Nada hai que cale máis fondo nos oídos dunha nena que as palabras da nai. Palabras que envolven contos e relatos, cancións e historias, vidas, desexos e esperanzas. Desde cantares de cego ata contos infantís, a súa nai foi enchendo os oídos da autora día a día, con historias de fantasía e historias reais. Historias matizadas polo recordo e recuperadas no tempo que leva desandar o camiño do crecemento cara ao recoñecemento; historias que hoxe se amontoan puxando por saír, por revivir as vidas das mulleres que precederon a nosa época. Mulleres reais, extraordinarias na súa normalidade, aventureiras do cotián, loitadoras polo seu presente e polo noso futuro.


Botando man das lembranzas e historias da
tradición familiar compostelá, a profesora e
psicóloga Paloma Rodríguez plasma a través
de nove relatos un mundo que semella
que non pasou hai tantos anos e que
poderían partillar moitos lectores. O volume
brevísimo é unha homenaxe á memoria
materna, habitual depositaria do pasado
da xinea máis próxima. Son as mulleres as
protagonistas destes relatos nos que se nos
fala da dureza da existencia e de seres que
se enfrontan á vida cara a cara.