MELPÓMENE ENTRE NÓS

MELPÓMENE ENTRE NÓS

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-8487-625-0
Páginas:
458
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

29,95 €
Comprar

O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enorme influencia por todo o mundo occidental ata os nosos días e, aínda que penetra con certas dificultades na literatura galega, é un dos máis destacados alicerces temáticos do teatro galego dos séculos XX e XXI.
"Melpómene entre nós" é un ensaio que afonda nas poliformas reinterpretacións da tradición clásica a través da ollada dos nosos dramaturgos, unha obra que se constrúe sobre a análise e o comentario dunha ampla selecta de textos teatrais dende unha perspectiva filolóxica e que busca reivindicar a literatura dramática inspirada nos modelos clásicos para o canon das nosas letras.