MEMORIA HISTORICA DO BARRIO DE ESTEIRO

MEMORIA HISTORICA DO BARRIO DE ESTEIRO. FERROL

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-16456-22-2
Páginas:
331
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Agotado

22,00 €


Otros libros de Burgoa Central Librera?

Un historiador ferrolano! ;)



Biografía de JJ Burgoa Galicia Ártabra Digital?

Un historiador ferrolano! ;)



Autor: Burgoa, J. J. e Llorca, Guillermo
Colección: Fora de colección
Formato: 15 x 23 cm
Edición: marzo, 2016
Idioma: galego
Páxinas: 332
Encuadernación: rústica

Baixo o convencemento de que a historia de Ferrol e o seu patrimonio cultural non se pode entender sen coñecer a memoria histórica dos seus barrios, os historiadores locais Juan José Burgoa e Guillermo Llorca iniciaban o pasado ano, coa elaboración do libro adicado a Ferrol Vello –o primeiro xurdido na cidade da Ilustración–, unha serie de traballos que pretenden contribuír a poñer ao día a historia dos diferentes núcleos poboacionais que configuran a urbe naval e ao mesmo tempo reinvidicar a súa importancia patrimonial.
Esteiro é o protagonista do segundo libro coordinado polos dous investigadores e publicado, como xa ocurriu co de Ferrol Vello, por Edicións Embora.
A obra, recolle as achegas de 17 investigadores locais para analizar cuestións que abranguen desde o edio arquitectónico, patriminial, industrial, cultural ou social, entre outros. “Coidamos que era o momento de lembrar ao barrio de Esteiro, un dos xermolos de Ferrol da Ilutración, que, por mor do paso do tempo e das transformacións sufridas, está a piques de perder o seu patrimonio material e inmaterial. E non hai nada peor para un pobo que a perda dos seus sinais de identidade”, explica Burgoa.
O traballo, de carácter multidisciplinar, ofrece, segundo Llorca, unha “novidosa aportación colectiva sobre sobre o que foi o segundo barrio histórico da cidade e que, como no libro anterior, nunca se tiña abordado de xeito tan amplo”.

multidisciplinar
A singularidade de cada un dos dezasete colaboradores a través das investigacións máis recentes permiten ao lector achegarse a unha ampla variedade temática –xunto as correspondentes ilustracións e fotografías–, como os aspectos históricos e monumentais, a toponimia, o urbanismo e as zonas verdes, os Reais Estaleiros, o Cuartel de Batallóns, a cultura do traballo e a memoria obreira, a vida cotía ou os personaxes do barrios, sinalan os coordinadores da obra.
Informacións e apuntamentos que axudan a descubrir e comprender moitas das cuestións relacionadas coa zona. “Pasou de ser un barrio que albergou un dos primeiros proletariados industriais de Galicia, a partir de mediados do século XVIII, a asentarse como un importante núcleo de pobación obreira e dos estamentos baixos do Exército e da Mariña cunha importante identidade”, comenta Guillermo Llorca.
“Era unha pequena aldea de casas espalladas, que logo naceu como barrio do novo Ferrol antes co da Magdalena. Realmente foi un barrio de rúas trazas a cordel, con ausencia de prazas, sendo as súas vivendas de feitura moi sinxela. Foi o berce do Esteiro Real, alí estivo o desaparecido Cadro, o Hospital Naval e o Cuartel de Batallóns. No último terzo do século XX xurdiu un novo Esteiro, un amplo polígono residencial construido arredor dunha avenida central, quedando tan só un par de rúas que lembran o vello barrio”, engade Burgoa –unha grande parte do barrio histórico foi derrubado a mediados dos anos 70–.
O que queda, apunta Llorca, “debe rehabilitarse de xeito urxente, seguindo o exemplo modélico da Casa do Patín, que estivo tamén a piques de ser demolid, e que non aconteza o que sucede co degradado barrio de Ferrol Vello”. Neste sentido, Burgoa considera que “o noso traballo rematou ao mostrar nesta obra o Patrimonio material e inmaterial de Esteiro. Neste intre deben actuar os políticos e os xestores, Rehabilitar e restaurar o que queda do vello barrio, poñer en valor a porta do Estaleiro, a Praza de Ferrándiz e o Arco de Fontelonga”.
Para os dous, a presenza do Campus de Ferrol neste barrio debe ser un dinamizador cultural e social para a cidade, se ben na actualidade “lle falta integrarse coa dinámica da cidade, tanto na propia investigación, onde Ferrol está practicamente ausente, como na presencia do profesorado na vida cultural”, di Llorca.
Tanto el como Burgoa quixeron salientar o apoio do Concello de Ferrol para “sacar adiante esta obra”, xa que mercou varios exemplares par repartir entre as asociacións culturais, así como a a coidada presentación e aposta polo proxecto de Edicións Embora. O traballo continuará cunha publicación semellante sobre o barrio da Magdalena.