MEMORIAS DE CARA B

MEMORIAS DE CARA B

Editorial:
ELVIRA
Año de edición:
Materia
CUENTOS
ISBN:
978-84-129921-3-7
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

24,00 €
Comprar

Nestas Memorias de Cara B reúnense vinte e cinco relatos, todos baseados en feitos reais, contados en primeira persoa por quen os viviu, ben como protagonista, actor secundario ou mera testemuña. Non se narran neles sucesos transcendentes, senón vivencias curiosas —cotiás ou sobrevidas— que lle poderían pasar a calquera. Pero o autor enxéñase para, dalgún xeito, converter en categoría o que semella unha sinxela anécdota, deixando ao descuberto a intrahistoria dun acontecemento, o inopinado carácter dun artista ou os latexos duns anos concretos.
Dado o seu estilo claro e directo, este libro resulta de fácil lectura, ao que contribúe de maneira decisiva o seu gusto literario e o fino humor que se albisca a cada pouco.
Atravesando o espello, asoman a estas páxinas citados polos seus nomes e apelidos, personaxes do máis diverso. Entre eles, coñecidos pintores, escritores, músicos ou actrices e actores, como Laxeiro, Fernando Zobel, Xosé Guillermo, Blanco Amor, Méndez Ferrín, José Afonso, Georges Moustaki, Dorotea Bárcena, José Luis Gómez, Gloria Muñoz ou Manuel Manquiña. E ata algún que outro singular taberneiro, como o célebre Elixio, que foi queimador maior de Galicia.
Calquera pode topar nestes relatos —sen ningunha outra pretensión— o deleitoso pracer da lectura, porque Fernando A. Fernández Domonte é un gran contador de historias. Pero abofé que moitos serán quen se conmovan ao sentilos como experiencia propia.

Otros libros del autor

  • UN CURSO CON CARLOS OROZA
    Titulo del libro
    UN CURSO CON CARLOS OROZA
    FERNANDEZ DOMONTE, FERNANDO A.
    Durante os anos da súa vida bohemia en Madrid, o gran poeta oral Carlos Oroza (Viveiro, 1923û Vigo, 2015) compartiu ...
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €

  • CONTOS DA BEIRAMAR. (NARRATIVA)
    Titulo del libro
    CONTOS DA BEIRAMAR. (NARRATIVA)
    FERNANDEZ DOMONTE, FERNANDO A.
    Nestes Contos da beiramar ficción e realidade mestúranse como envoltas pola mesma onda . Haberá quen dean por certos...
    Disponible en 72h

    19,80 €