MIL BICOS QUE NON CHE DEI

MIL BICOS QUE NON CHE DEI

Editorial:
INPUT OUTPUT FRIENDS
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-944791-5-1
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

11,95 €

Regina non é máis que unha muller nacida no rural galego, loitadora e feita a si mesma, que a vida enseñouna dende moi nova, vendo como pasan os anos e con eles os familiares queridos..., a súa avoa, o seu sogro, que foi coma un pai, e a súa nai, que marchou, coma quen dis, sen despedirse. A súa falta rompeuna por dentro, pero nunca deixou de falar con ela, e agora salpica as páxinas deste libro da millor forma coa que ela o saber facer; a poesía..



Unha poesía escrita dende o corazón.




Regina Muñiz Gerpe
Nace o 12 de marzo de 1968, no lugar de Montouto pretiño de Santa Comba, nunha casiña pequena de pedra rodeada dunha horta de maceiras, na que vivía co seu pai, súa nai e seu irmán. Ainda que quedou orfa de pai aos cinco anos, ía de cando en vez ao cemiterio e contáballe da vida. Din que herdou del a paixón polos libros e a natureza.
Criouse nunha familia de mulleres loitadoras e foi medrando entre a escola e as leiras, debullando as horas lendo os poucos libros que lle caían nas mans, e escribindo as súas propias cancións, xurdindo así a súa afección por escribir. Cando rematou o graduado escolar, debido ás poucas posibilidades, e á forma de entendela vida no rural, non puido seguir estudiando.
Aos dezaseis anos casou e pronto formou una pequena granxa de vacas leiteiras. Nos anos 1989 e 1992 nacen os seus fillos Guillermo e Estefanía, e neles veu reflexadas as súas ansias de estudiar.
Afeccionada a lectura, o deporte, a música e por riba de todo..., a escribir.
A súa poesía é simplemente una historia de vida, que conta aos poucos o sentir dunha nena que se fixo muller medrando entre as vacas e as leiras, pero como a propia autora di “coa poesía sinto que son tan libre, que vou onde o corpo non chega.”


Regina fixo realidade un soño que viña alimentando. Ben sei o que significa sacar un libro do prelo, para unha persoa amante de sachar na leira das letras. De construir textos con sentimentos e palabras.


O importante para o poeta é escribir e sentir. Executar ese exercicio íntimo, gozoso pero tamén duro, de ceibar versos nun folio, ou nunha pantalla de ordenador.Esas sensacións persoais son moi importantes.


Pero tamén resulta apaixoante ver o traballo en papel. Como o resultado dunha colleita elaborada que se pode compartir. Como unha porta aberta para quen queira entrar e ler. Porque os poemas son un mundo distinto nos ollos e nos corazóns de cada lector.


A escritora de Bazar, Regina Muñiz Gerpe xa ten o seu libro. O seu cartafol de soños e pensamentos chamado “Mil bicos que non che dei”(Edicións Finisterrae).



xosemanuellema