MILLO VERDE

MILLO VERDE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8302-824-7
Páginas:
176
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

20,50 €
Comprar

Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela,un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por quen?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno. Este é o arrinque argumental de Millo verde, a nova novela de Xosé Fernández Ferreiro. Unha narración que ten un sorprendente e inesperado desenlace, que non mitiga un drama social que se presenta con toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dos personaxes. Novela de enfoque realista, construída minuciosamente como unha narración de intriga, Millo verde engaiola ao lector na esculca da verdade sobre un terrible suceso. O papel dos medios de comunicación, as investigacións policiais e xudiciais, ou as reaccións da comunidade educativa contrapuntean nesta novela inquedante co sufrimento dunhas víctimas sometidas a aldraxe e a dor do seu inferno. Millo verde constitúe unha valente denuncia da hipocrisía dunha sociedade que procura culpables inmediatos para agachar as súas doenzas máis profundas.

Otros libros del autor

  • ULCIS
    Titulo del libro
    ULCIS
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda ...
    Disponible en 5 días

    18,95 €

  • AGOSTO DO 36
    Titulo del libro
    AGOSTO DO 36
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galic...
    RECÍBELO EN 72H

    19,50 €

  • OS ÚLTIMOS FUXIDOS
    Titulo del libro
    OS ÚLTIMOS FUXIDOS
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todas as mulleres entre dez e set...
    Descatalogado

    19,95 €

  • TEMPO DE CENTEO
    Titulo del libro
    TEMPO DE CENTEO
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    Xosé Fernández Ferreiro, que con tanto acerto narrou a traxedia dos paseos e dos fuxidos galegos, ofrécenos en Tempo...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €

  • DE XENTE NOVA A BRAIS PINTO
    Titulo del libro
    DE XENTE NOVA A BRAIS PINTO
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compañeiros, o ...
    Disponible en 5 días

    19,50 €