Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla,
	ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais
	están presentes neste libro. Porque vivir na escuridade
	ou ter un campo de visión reducido non ten por que impedir
	o desenvolvemento dunha vida plena que, como no caso
	destes personaxes, converte o traxecto á escola nunha aventura onde a cidade se transforma nunha selva con bravas criaturas
	e sons fascinantes, ou un paso de peóns na ponte
	sobre un caudaloso río.