MOCIDADE SEN DEUS

MOCIDADE SEN DEUS

Editorial:
IRMÁS CARTONÉ
Año de edición:
ISBN:
978-84-945411-5-5
Páginas:
209
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,75 €
Comprar

Un mestre de escola reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción só para recibir as ameazas do pai do rapaz e a reprobación do director do centro. Esta é a premisa da que parte a que foi a derradeira obra do escritor austríaco Ödön von Horváth —e que lle custaría o exilio—.

Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi en 1938, Mocidade sen deus ofrécenos un relato, sutil e cru a un tempo, do imparable avance do pensamento totalitario no seu tempo, do paulatino embrutecemento dunha sociedade.





En cada liña da súa prosa hai un inequívoco odio polo tipo de filisteísmo que levou os alemáns ao asasinato, que fixo posible o Terceiro Reich.

—Joseph Roth—