MOVENDO OS MARCOS DO PATRIARCADO. O PENSAMENTO FEMINSTA EMILIA PARDO BAZÁN

MOVENDO OS MARCOS DO PATRIARCADO. O PENSAMENTO FEMINSTA EMILIA PARDO BAZÁN

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-9151-587-6
Páginas:
232
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

21,20 €
Comprar

As ideas de Emilia Pardo Bazán contribuíron a mover os marcos do patriarcado. Para alén de denunciar a violencia contra as mulleres, a física, dando nome aos mullericidios, e a simbólica; de criticar a asimetría nos xuízos a mulleres e homes; de esixir a fin das discriminacións que impedían ás mulleres estudar e exercer traballos remunerados, identificou algunhas das bases ideolóxicas que sustentan estas discriminacións e violencias, algúns dos mecanismos polos que se exercen, o que hoxe chamamos patriarcado. Exemplos son a doutrina que supón diferenzas naturais, intelectuais e mesmo morais entre mulleres e homes; a negación ás mulleres dos dereitos chamados “universais” asignándolles un destino relativo ao dos varóns e a familia; a crenza en que os homes son donos da vida e morte das mulleres.

Coa súa vida e a súa obra, Emilia Pardo Bazán afirmou o dereito das mulleres a seguir “o seu propio destino”, ao pracer, a tomar a pluma e reivindicar as mulleres “até a última gota de tinta”.


Aleixandre, Marilar
Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na USC. Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua literaria. As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990). Continuou con libros para adolescentes como Nogard (1994) e a novela de aventuras A expedición do Pacífico (1994), coa que obtivo os premios Merlín e Lousada Diéguez. A novela que a deu a coñecer nun ámbito máis amplo foi Tránsito dos gramáticos (1993), unha orixinal intriga ambientada nunha Compostela futurista. En 1996 publicou a colección de relatos Lobos nas illas. Con A Compañía Clandestina de Contrapublicidade gañou a IV edición do Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (1998). En 2001 publicou Unha presa de terra. Recibiu o Premio Xerais de Novela 2001 por Teoría do Caos. Recibiu o galardón Letra E concedido pola AELG. Na Asemblea Xeral do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil, celebrado en setembro de 2010 en Santiago de Compostela, foi nomeada membro do Comité Executivo da organización.
sandez

López Sández, María
María López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparte docencia no ensino medio e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, no estudo da cartografía como semiótica do espazo. Co traballo titulado Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007.
No 2012 resultou gañadora da VI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela A forma das nubes, publicado por Galaxia no mes de novembro do ano 2012.