MULLERES ESPONTANEADAS

MULLERES ESPONTANEADAS. FRAXILIDADE HUMANA E CÓPULA CARNAL NAS COMARCAS DO EUME E FERROL (XVIII-XIX)

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9995-384-7
Páginas:
68
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,00 €
Comprar

Gañadora do VI Premio de Investigación Hume 2021 (As Pontes)
Ángel Arcay Barral realiza un importante estudo, centrado nas comarcas do Eume e Ferrol e no que recupera 555 expedientes do Arquivo Notarial da Coruña, sobre aquelas mulleres que se presentaban voluntaria ou obrigadas ante as autoridades para autoinculparse polo feito de teren quedado embarazadas. Estas mulleres, na inmensa maioría dos casos viúvas ou solteiras, contan ante as autoridades todo o proceso do preñado coa intención de recibir o perdón pola franqueza das súas declaracións, logrando con iso tamén un salvoconduto para non seren molestadas por tal feito.
Ángel Arcay, dando continuidade a investigacións similares realizadas por Ana Romero Masiá, Serrana Rial García e Miguel García-Fernández, explica as chaves e a importancia deste concepto xurídico case descoñecido e único na Galiza dos séculos XVIII e XIX.

Otros libros del autor