Nai por arte de maxia fala de que os soños pódense cumprir pero tamén de que moitas veces non o fan. Pretende ser un alento para esas mulleres que queren ser nais, unha historia que contar aos fillos e fillas das que o conseguiron por un camiño nada doado de transitar, e un agasallo para as mestras e mestres que aman a súa profesión e senten a cada alumno e alumna coma parte deles.