Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
Para o xurado, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva cara a unha posta en escena na que se mesture a intervención dos manipuladores dos monicreques cos propios personaxes. Ademais, remite a un rexistro teatral no que os obxectos cobran un gran valor, tanto na súa dimensión plástica como simbólica, integrando temáticas como a obsolescencia programada ou a dixitalización da conduta humana.
*****
José Luis Baños de Cos con Nas nubes, propón unha situación futurista e distópica na que dous guías dun museo lle amosan a un público erudito obxectos da era “predixital”, cunha ambientación musical e estética inspirada na cultura xaponesa.