NAS NUBES

NAS NUBES

Editorial:
XUNTA DE GALICIA
ISBN:
978-84-453-5453-7
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

9,00 €

Nas nubes, de José Luis Baños de Cos, conforma o número 19 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade adulto (edición 2022), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva de cara a unha posta en escena para monicreques, na que se mestura a intervención dos manipuladores cos personaxes. Remite a un rexistro teatral no que os obxectos cobran un gran valor, tanto na súa dimensión plástica como simbólica, integrando temáticas como a obsolescencia e a dixitalización da conduta humana. Nas nubes propón unha situación futurista e distópica na que dous guías dun museo lle amosan a un público erudito obxectos da era “predixital”. O conflito místico destes guías, que senten que son bolboretas, ou que se transfiguraron nese animal, queda aberto, deixando no espectador a reflexión sobre os avances tecnolóxicos e o futuro da humanidade.

Otros libros del autor

  • A CAMARA ESCURA GALLEGO
    Titulo del libro
    A CAMARA ESCURA GALLEGO
    BAÑOS DE COS, JOSE LUIS
    III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2020Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis ano...
    RECÍBELO EN 72H

    10,20 €

  • A PORTA. UN RELATO DE VIOLENCIA
    Titulo del libro
    A PORTA. UN RELATO DE VIOLENCIA
    BAÑOS DE COS, JOSÉ LUIS
    Disponible en 5 días

    10,00 €

  • FÓRA DE XOGO
    Titulo del libro
    FÓRA DE XOGO
    BAÑOS DE COS, JOSE LUÍS
    Disponible en 5 días

    13,50 €