NOVA ATLÁNTIDA

NOVA ATLÁNTIDA

Editorial:
HUGIN E MUNIN
ISBN:
978-84-944422-7-8
Disponibilidad:
Disponible en 72h

8,00 €
Comprar

Nova Atlántida é un opúsculo escrito por Francis Bacon e publicado en 1627 na versión inglesa e en 1638 na versión latina (lingua de partida para a presente tradución), a definitiva en tanto que reelaborada polo propio Bacon coa axuda do seu capelán e editor, William Rawley. Trátase dun relato de corte utópico e filosófico que, con recoñecida fluidez e destreza narrativa, describe unha terra mítica a raíz dun feito simple: a arribada casual dun navío europeo. Tal é o punto de partida para que o autor inglés presente unha sociedade humana rexida por sabios e configurada dun xeito perfecto, motivo de dita para os seus membros. A obra segue, pois, a liña de novelas como Utopía (1516), de Thomas More, ou Civitas Solis (1602), de Tommaso Campanella.

A narración en primeira persoa escollida por Bacon axuda ademais a que o lector se interese por unha ficción que en gran medida supón unha escolma filosófica das ideas do británico e mesmo unha xustificación da súa propia vida. A equidade, a corrupción ou a vida conxugal son só algunhas das cuestións abordadas en Nova Atlántida que ben merecen unha lectura atenta.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Algunhas claves para ler Nova Atlántida, documento elaborado por Alfonso Blanco Quintela
ESPECIFICACIÓNS

20 x 13.5cm
Lingua galega
Colección XVII
978-84-944422-7-8


Autor: Francis Bacon
Páxinas: 76
Traducido: do latín por Alfonso Blanco

Otros libros del autor

  • LA SABIDURIA DE LOS ANTIGUOS
    Titulo del libro
    LA SABIDURIA DE LOS ANTIGUOS
    FRANCIS BACON
    La sabiduría de los antiguos recoge treinta y un mitos greco-romanos presentados sintéticamente y reinterpretados po...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €