NOVO DIÁLOGO

NOVO DIÁLOGO. ACHEGAS A OBRA PLÁSTICA DE CASTELAO

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Hª DE GALICIA
ISBN:
978-84-8487-725-7
Páginas:
84
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

19,95 €
Comprar

No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha figura clave da súa cultura. Este volume céntrase na súa contribución ás artes plásticas, nas que destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o caciquismo, a emigración ou o racismo, mais faino sempre a través dunha coidada construción visual.
Reúnense aquí dous estudos complementarios: Dar forma á diferenza, que ofrece unha visión sintética da súa obra ata a Guerra Civil, e Novo diálogo, centrado nos seus “Debuxos de negros” e na súa mirada solidaria cara a poboacións racializadas. Ambos textos reflexionan sobre a forza expresiva dunha obra que une cultura popular e compromiso político, e que segue a ser esencial para entender o noso pasado e presente.

Otros libros del autor

  • INTELIXENCIA E CREACIÓN
    Titulo del libro
    INTELIXENCIA E CREACIÓN
    BERNÁRDEZ, CARLOS L.
    Francisco Miguel (A Coruña, 1897- Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décad...
    RECÍBELO EN 48H

    19,95 €

  • UN PINTOR QUE SABIA O QUE FACÍA
    Titulo del libro
    UN PINTOR QUE SABIA O QUE FACÍA
    BERNÁRDEZ, CARLOS L.
    Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 191...
    Agotado

    13,60 €