O ACEITE DE PALMA

O ACEITE DE PALMA

Editorial:
CATRO VENTOS
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-124635-8-3
Páginas:
156
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

19,00 €

Témolo na comida, nos cosméticos, nos combustibles e no corpo. O aceite de palma, que encontramos na metade dos productos dos supermercados, conformou o noso mundo. Max Haiven descúbrenos como as engranaxes do capitalismo están lubricadas -literal e metaforicamente- por este elixir ubicuo.

Este libro ten a súa orixe nas clases de cultura material e capitalismo que o autor impartiu ao alumnado da prestixiosa Universidade de Artes e Deseño de Nova Escocia (O Canadá), afeito a traballar con tintas, pinturas, resinas, equipamento tecnolóxico..., todos eles, obxectos que conteñen aceite de palma.

Dende as súas orixes en África occidental até as superpotencias do Sueste Asiático, a narrativa de Haiven lévanos nunha viaxe por todo o planeta que inclúe tesouros saqueados, o sistema carcerario estadunidense, a historia da arte moderna e a industrialización da guerra. Máis aló de chamar simplemente ao boicot ou a un consumo consciente, o autor sinala como debemos recoñecer o potencial profundo que ten a humanidade para conformar un mundo que supere o capitalismo racial e o desposuimento neocolonial.