O ATICO

O ATICO. TEATRO AUTOR FERROLANO

Editorial:
FOLLAS NOVAS
Año de edición:
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-615-1771-8
Páginas:
144
Encuadernación:
CARTONÉ
Colección:
FOLLASDETEAT
Disponibilidad:
En stock

9,00 €
Comprar

Nos fondos abisais
Publicado o 28 Agosto 2011 por Armando Requeixo

Un amigo recomendoume a lectura da peza teatral O ático, da autoría de Fernando Álvarez Bouza, de quen apenas se sabía cousa.

Publicado por Follas Novas Edicións na súa colección Follas de Teatro, este drama conta coa correspondente versión castelá, El ático, e supón o segundo libro dado ao prelo polo autor tras da recente novela El viaje de regreso (2010).

O ático espella a vida de fracturas e naufraxios dunha parella maior que consagra os días en ocupacións abondo excéntricas: ela, adiviñadora de cartas, tenta axudar —con máis pena que gloria, todo hai que dicilo— os catro clientes contados que confían nela como vedoira; el, traballador da banca xubilado, enterra as horas estomballado nunha cómoda cadeira de brazos devorando libros, divertido de confesar a quen llo pregunte que é un “morto” en vida dende hai seis anos e que, polo mesmo, a súa indolencia está xustificada.

Mais a medida que avanzamos na lectura das oito escenas do único acto do que se compón a obra descubrimos que, tras esa fachada extravagante, o que se oculta é unha traxedia familiar pola morte accidental dun fillo que fai xermolar un trauma nos seus proxenitores ao que dificilmente son quen de se subtraer.

A este amortecer vital da parella protagonista cómpre engadir as crebas dos clientes que visitan o domicilio da adiviñadora, nun bloque no que alternan a loucura ruidosa do disco pub dos baixos coa tolemia da vella coleccionista de gatos do segundo, o piso abandonado e inzado de ratos do terceiro e a súa vivenda mal teitada e paupérrima, coas gaivotas a peteirar e pular todo o día polo ruinoso tellado.

Este ambiente de absoluto acabamento no que se move a parella protagonista canxa perfectamente coas miserias persoais da clientela da vedoira: un home feble e dubitativo ao que a súa dona traizoa cun amigo do seu fillo; unha muller de clase humilde, xogantina, que volta á casa cunha man chea de nada e outra de cousa ningunha; e un home novo e pretensioso que aspira a ocupar importantes cargos políticos, tal como aparecen definidos no dramatis personae.

A través das vivencias destes personaxes vai tecéndose todo un fresco social onde a denuncia de diversas lacras actuais agurgulla en cada parlamento. Así, teñen neste O ático cumprida revisión temas como o da credulidade das xentes (na burla descrida do paranormal), a violencia e o maltrato, o vórtice devastador da ludopatía, a desestruturación do núcleo familiar, a hipocrisía e o cinismo da moi sofista clase política ou mesmo a inseguridade cidadá que pode facer temer o desamparo ante tantos roubos, asasinatos e outros delitos como adoito acontecen en toda parte.

O humor negro que destilan as páxinas deste O ático fan del un drama chekhoviano de recendos valleinclanescos no que a anguria vital e o desencanto parecen poallar sobre todo, facendo ben difícil a supervivencia dun vagalume de esperanza que só moi avanzada a obra comparece.

Duro, descarnado e cítrico, O ático é un testemuño acusador dese mundo indecente que nos rodea e que tantas veces nos empeñamos en non querer ver. Un texto co que Fernando Álvarez se descobre como voz que ten moito e moi interesante que contar.

[Publicado nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, 28-8-2011]
Esta entrada foi publicada en Crítica literaria, Teatro galego actual e etiquetada Crítica literaria, Editorial Follas Novas, Fernando Álvarez Bouza, O ático, Teatro galego actual. Garda a ligazón permanente.

Armando Requeixo

Otros libros del autor

  • EL VIAJE DE REGRESO
    Titulo del libro
    EL VIAJE DE REGRESO
    FERNANDO ALVAREZ BOUZA
    Fernando Álvarez: «Solamente sé hacer teatro de la palabra»El autor ferrolano publica «El Ático», su primera pieza d...
    Agotado

    20,00 €

  • EL ATICO
    Titulo del libro
    EL ATICO
    FERNANDO ALVAREZ BOUZA
    ublicación Fernando Álvarez: «Solamente sé hacer teatro de la palabra»El autor ferrolano publica «El Ático», su prim...
    Agotado

    9,00 €