O Barco e a comarca de Valdeorras seguen fieis á tradición histórica como porta central de Galicia, ponte e camiño de xentes, ideas e creacións.O Sil, que marca o paso do tempo co seu fluxo suave e harmonioso, enfeitiza e fecunda estas terras orgullosas da súa estirpe e abertas a un porvir ben asentado nas riquezas que ela mesma produce.Coñecendo a nosa Historia tomaremos conciencia do papel colectivo que xogamos no presente e do futuro que imos deseñando. Podemos e debemos presentarnos ao mundo sen complexos. No libro que tedes nas mans latexa esa vitalidade capaz de facer posible os proxectos máis ambiciosos.