O CEO DOS AFOGADOS

O CEO DOS AFOGADOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9914-190-9
Páginas:
192
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,30 €
Comprar

Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos calados. Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión sobre o fenómeno resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de golfiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando. O ceo dos afogados, primeira novela de Francisco Castro na colección Fóra de Xogo e finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, aborda -baixo a aparencia dunha novela de aventuras e intriga- a importante cuestión da comunicación dos seres humanos cos animais e o desenvolvemento sostible do planeta.

Otros libros del autor

  • TANTOS ANOS DE SILENCIO
    Titulo del libro
    TANTOS ANOS DE SILENCIO
    CASTRO, FRANCISCO
    unha novela ambiciosa na que recrea unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que s...
    RECÍBELO EN 72H

    19,00 €

  • IRIDIUM
    Titulo del libro
    IRIDIUM
    CASTRO, FRANCISCO
    Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amiz...
    RECÍBELO EN 72H

    11,70 €

  • TIENES HASTA LAS 10 SUMA
    Titulo del libro
    TIENES HASTA LAS 10 SUMA
    CASTRO, FRANCISCO
    Antonio no daba crédito al correo electrónico que acababa de llegarle... Era de su padre, fallecido el día anterior....
    RECÍBELO EN 72H

    16,90 €

  • AMOR E UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA
    Titulo del libro
    AMOR E UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA
    CASTRO, FRANCISCO
    Amor é unha palabra coma outra calquera...ou non. Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amo...
    RECÍBELO EN 72H

    18,75 €

  • O CORAZON DA BRANCA DE NEVE (PREMIO VOZ DE GALICIA 2013)
    Titulo del libro
    O CORAZON DA BRANCA DE NEVE (PREMIO VOZ DE GALICIA 2013)
    CASTRO, FRANCISCO
    Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé r...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €