Sinopsis
O doutor Proctor é un profesor tolo, ou case. En realidade é un inventor de avanzada idade esperando topar o seu gran descubrimento. Cando se xunta coa súa veciña Lisa e o seu peculiar amigo Nilly para crear os pos botapeidos máis poderosos do mundo, parece que o seu soño se vai facer realidade. Pero os xemelgos Truls e Trym tentarán facerlles a vida imposible. Unha historia de humor e suspense, que fala da importancia de ser un mesmo, e de como conseguir coraxe a través da imaxinación.
Autor: Nesbø, Jo
Nesbø, Jo
Jo Nesbø é o escritor noruegués con máis éxito hoxe en día, tanto na literatura infantil coma na de adultos. Con máis de 20 millóns de copias vendidas, as súas novelas traducíronse a máis de 40 linguas e convertéronse en obras de culto con críticas excelentes e gran número de premios. O doutor Proctor e os pos botapeidos é o primeiro dunha serie de grande éxito, e que foi nomeado ao Premio Ark de Literatura Infantil no 2007.