O EXILIADO E A PRIMAVERA

O EXILIADO E A PRIMAVERA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9782-202-2
Páginas:
144
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

19,50 €

Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai. Naqueles días, o exiliado atoparase cunha comunidade despolitizada que apenas lembra nin a guerra nin os anos da fame e nin sequera posúe conciencia de que vive na ditadura. Marrube enfrontarase tamén a unha familia, que apenas o recoñece (sexa a súa irmá ou o seu cuñado, o maxistrado, que quedaron en Galicia sobrevivindo), e a un mozo, militante antifranquista con quen ten dificultades de empatar o seu discurso político. Alexandre Marrube regresa a Galicia intentando atopar ou reconstruír o seu mundo perdido, aínda que coa desolación de se decatar de que todo é inútil, imposible, pois os seus ollos chocan cunha sociedade apática e desmemoriada, á que non entende, pero satisfeita cun precario, pero novidoso, consumismo.
"O exiliado e a primavera" a novela de Manuel Veiga gañadora do Premio Xerais 2004 é unha obra vigorosa, escrita con vontade de estilo e capacidade evocadora, que abre varios frontes de debate e interese para un público amplo. A confrontación do exiliado cunha Galicia que apenas lembra o tempo da República. A relación do exiliado cos que deberían de ser os seus herdeiros, os xoves militantes antifranquistas dos sesenta e setenta, na medida que atopa que en boa medida non se recoñece neles e eles tampouco o fan nel. E por último, a polémica entre o exiliado que regresa e os amigos que quedaron no interior e que viven máis ou menos satisfactoriamente nestes derradeiros anos da ditadura (a novela está ambientada en tres meses do ano 1974): as razóns de uns e outros están expostas na novela con sinceridade e realismo, unha discusión que aínda latexa hoxe en cada familia.

Otros libros del autor

  • A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCÉPTICOS
    Titulo del libro
    A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCÉPTICOS
    VEIGA, MANUEL
    Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. ...
    En stock

    14,80 €

  • MANUEL MARÍA, BUSCANDO UN PAÍS
    Titulo del libro
    MANUEL MARÍA, BUSCANDO UN PAÍS
    VEIGA, MANUEL
    Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte do...
    Disponible en 5 días

    8,95 €

  • O PROFESOR DE VEGLIOTA
    Titulo del libro
    O PROFESOR DE VEGLIOTA
    VEIGA, MANUEL
    Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a ...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA
    Titulo del libro
    LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA
    VEIGA, MANUEL
    Premio García Barros 2006. Lois esperta un día pola mañá cedo e descobre que a súa muller xa non está na casa. Tampo...
    Disponible en 5 días

    17,70 €

  • AS RUÍNAS DA CIDADE AMADA
    Titulo del libro
    AS RUÍNAS DA CIDADE AMADA
    VEIGA, MANUEL
    Cando o narrador deste libro volve á súa cidade natal, nada é como era pero todo segue igual. O que ía ser unha excu...
    Disponible en 5 días

    14,00 €