O LIBRO DA FILLA

O LIBRO DA FILLA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9151-438-1
Páginas:
484
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

20,90 €

Despues:

19,86 €
Comprar

Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, un condenado por agresión sexual á súa filla que sostén ser vítima dun complot argallado pola súa ex-muller e que desexa lavar a súa imaxe a través desa reportaxe. No proceso, sairán á luz historias ocultas que quizais é mellor non saber, movendo, a través da pescuda, a unha reflexión sobre a ética da verdade fronte á mentira e sobre a propia felicidade na vida de Helena. A investigación xornalística é, en realidade, o punto de partida para afondar nas vidas e relacións de dúas familias marcadas non só polas particulares trastendas do amor, senón tamén pola irrupción do totalitarismo e a extrema dereita do mesmo xeito calado e sutil en que se introduce na sociedade e na política do noso tempo. O libro da filla é un relato profundo e inquietante en que a autora parte dun caso real de abuso no ámbito familiar para obrigarnos a ollar de fronte o mellor e o peor de nós como persoas e como sociedade. Unha novela que afonda no máis miserábel da condición humana a través dunha voz directa e desgarrada que se inmisce de modo íntimo nuns personaxes cos que é imposíbel non identificarse. Un gran thriller político, intimista, sentimental e social.

• Autora:

Inma López Silva, novelista, ensaísta, crítica teatral e columnista de prensa, é autora dunha ampla obra literaria que foi recoñecida cos premios Xerais, Blanco Amor, San Clemente, Losada Diéguez e Francisco Fernández del Riego. Como narradora, cultivou o xénero breve en libros como Rosas, corvos e cancións (2000) e Tinta (2012), así coma o ensaio feminista en New York, New York (2007), Maternosofía (2013) e o polémico Chámame señora, pero trátame coma a un señor (2018). Tras o éxito de aclamadas novelas como Memoria de cidades sen luz (2007) e Aqueles días en que eramos malas (2016), Galaxia publica agora a súa entrega máis esperada: O libro da filla.

Otros libros del autor

  • EL LIBRO DE LA HIJA
    Titulo del libro
    EL LIBRO DE LA HIJA
    LÓPEZ SILVA, INMA
    La consagración de una joven autora ganadora del Premio Xerais de Novela y del Premio Blanco Amor, entre otros Helen...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €

  • CHAMAME SEÑORA, PERO TRATAME COMA A UN SEÑOR
    Titulo del libro
    CHAMAME SEÑORA, PERO TRATAME COMA A UN SEÑOR
    LOPEZ SILVA, INMA
    Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non...
    RECÍBELO EN 72H

    17,40 €

  • LOS DÍAS IGUALES DE CUANDO FUIMOS MALAS
    Titulo del libro
    LOS DÍAS IGUALES DE CUANDO FUIMOS MALAS
    LOPEZ SILVA, INMA
    Cinco mujeres. Cinco historias particulares.Y un punto de encuentro: la experiencia en la cárcel.Los días iguales de...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €

  • MATERNOSOFÍA O EL EMBARAZO DE LA ESCRITORA PRIMÍPARA
    Titulo del libro
    MATERNOSOFÍA O EL EMBARAZO DE LA ESCRITORA PRIMÍPARA
    LÓPEZ SILVA, INMA
    RECÍBELO EN 72H

    16,75 €

  • CONCUBINAS
    Titulo del libro
    CONCUBINAS
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Concubinas é unha historia de amores e de vinganzas que superan as fronteiras do espacio e do tempo e que está prot...
    CONSULTE DISPONIBILIDAD

    18,90 €