O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9782-916-8
Páginas:
224
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,95 €
Comprar

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos.
"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato." "Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.

Otros libros del autor

  • CATRO CARTAS
    Titulo del libro
    CATRO CARTAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor da lectura. Cinco pretextos para compartir es...
    Disponible en 5 días

    11,50 €

  • A CHAVE DAS NOCES
    Titulo del libro
    A CHAVE DAS NOCES
    DOCAMPO, XABIER P.
    Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de caso...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
    Titulo del libro
    A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
    DOCAMPO, XABIER P.
    A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns...
    RECÍBELO EN 72H

    21,95 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    Titulo del libro
    O MISTERIO DAS BADALADAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que a...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €

  • A ILLA DE TODAS AS ILLAS
    Titulo del libro
    A ILLA DE TODAS AS ILLAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos cha...
    RECÍBELO EN 72H

    16,95 €