O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA

O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-1110-119-6
Páginas:
768
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

26,95 €
Comprar

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.
Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.
Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Otros libros del autor

  • A  ABERTURA DA BOCA
    Titulo del libro
    A ABERTURA DA BOCA
    CALLÓN, CARLOS
    No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase q...
    RECÍBELO EN 72H

    12,00 €

  • INSCRICIÓNS
    Titulo del libro
    INSCRICIÓNS
    CALLÓN, CARLOS
    A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixa...
    RECÍBELO EN 72H

    15,90 €

  • GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    Titulo del libro
    GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    CALLÓN, CARLOS
    «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración qu...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €

  • COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS
    Titulo del libro
    COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS
    CALLÓN, CARLOS
    En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitaliz...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • EN CASTELLANO NO HAY PROBLEMA
    Titulo del libro
    EN CASTELLANO NO HAY PROBLEMA
    CALLÓN, CARLOS
    Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situ...
    Disponible en 5 días

    20,95 €