Sinopse
Recentemente foi localizado nos fondos do Arquivo Provincial de San Francisco de Santiago (APFS) un caderno manuscrito titulado "Algunos cortes de arquitectura", redactado por Francisco Antonio Fernández Sarela, arquitecto compostelán do século XVIII e pai dunha gran saga de artistas, á cabeza dos que se atopa Clemente Fernández Sarela. Esta obra recolle o estudo de Miriam Elena Cortés López verbo deste texto, a súa transcrición e mais a reprodución do orixinal a través de fotografías a toda cor.
Temas:
Arquivos, Bibliotecas, Museos, Libro, Bibliografía, Documentación, Prensa
Arte, Música
Historia, Arqueoloxía, Heráldica, Civilizacións, Cultura