O NACEMENTO DE NUNAVUT

O NACEMENTO DE NUNAVUT

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-937-4
Páginas:
64
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Agotado

9,95 €

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito.
En O nacemento de Nunavut, o primeiro dos libros da serie, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, asistimos á chegada ao mundo da meniña, quen, tras ser abandonada a súa sorte, é levada á morada dos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade, de onde tentará rescatala o seu arrepentido pai, Ukapi.

Otros libros del autor

  • O CARIBÚ NAMORADO
    Titulo del libro
    O CARIBÚ NAMORADO
    ABELEIRA, XOÁN
    Na aldea de Nunavut chegou o verán. O número de horas de luz e de claridade foi aumentando e os días ledos foron che...
    Agotado

    9,95 €

  • SEDNA, A DEUSA DO MAR
    Titulo del libro
    SEDNA, A DEUSA DO MAR
    ABELEIRA, XOÁN
    Nunavut -a nena protagonista de "Sedna, a deusa do mar", a cuarta entrega da serie "As Aventuras de Nunavut" de Xoán...
    Agotado

    9,95 €

  • UN DÍA DE CAZA
    Titulo del libro
    UN DÍA DE CAZA
    ABELEIRA, XOÁN
    Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilus...
    Agotado

    9,95 €

  • PAN DE ÁNIMAS
    Titulo del libro
    PAN DE ÁNIMAS
    ABELEIRA, XOÁN
    Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de á...
    Descatalogado

    17,95 €