O RUMOR DO DISTANTE

O RUMOR DO DISTANTE. A ESCRITA DA TERRA

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-8487-705-9
Páginas:
218
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
VENTOALTO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,95 €
Comprar

As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa.
Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria.
Este longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escrito paralelamente aos traballos do autor na protección do patrimonio cultural galego. Coa delimitación das súas trazas, o poeta inicia a súa escrita, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza, nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que significan é son o noso ADN, e que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía.
Ao ollar cara atrás vemos os camiños submersos na banalización do seu significado cultural. Hoxe, ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silente extenuación que destrúe o noso patrimonio cultural.
Se permitimos a deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade.
Este proceso invisible de aculturación, alén do espolio económico, fainos parte dun proceso de destrución do patrimonio natural, con minas que arrincan a dourada entraña, envelenando as augas até nos converter nunha estéril terra morta.

Otros libros del autor

  • A ÁRBORE QUE DÁ AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    Titulo del libro
    A ÁRBORE QUE DÁ AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, ...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • AS BOLBORETAS DO MEKONG
    Titulo del libro
    AS BOLBORETAS DO MEKONG
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • DO OLVIDO O RÍO
    Titulo del libro
    DO OLVIDO O RÍO
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    TraxectoriaEstudou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi un dos fundadores da Agrup...
    En stock

    6,18 €

  • TEMPO TRANSFIGURADO
    Titulo del libro
    TEMPO TRANSFIGURADO
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    Disponible en 5 días

    15,00 €