O SEGREDO DO LAGARTO ARNAL

O SEGREDO DO LAGARTO ARNAL. COLECCION MEIGA MOIRA

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9995-048-8
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEIGAMOIRA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

14,35 €

Despois de dársenos a coñecer coa súa primeira novela, Violeta tamurana, gañadora do IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2010, Andrea Maceiras sorpréndenos de novo cunha obra que procura, tamén nesta ocasión, romper cos tabús e achegarnos a unha realidade vista aínda co receo pola sociedade.

Despois dunha visita ao que será o seu instituto no curso próximo, David sente que algo non vai ben. As sombras dos lagartos perségueno na rúa, na escola e mesmo na casa, facéndoo lembrar intensamente a aldea dos seus avós, Santo Antón de Piñeiro. David sabe que só alí pode volver ser el mesmo e responder ao seu nome verdadeiro: Arnal. Tampouco pode esquecer a persoa que lle puxo ese alcume, o seu curmán Marcos, un rapaz introvertido que desapareceu misteriosamente e de quen ninguén quere falar. Por iso David está disposto a dedicar todo o verán a procurar a luz nas sombras do seu pasado. Quizais así poida reencontrarse cos seus amigos da primeira infancia, esquecer un pouco o divorcio de seus pais, revelar un segredo familiar oculto e dicir, ben alto, que todas as persoas teñen o dereito de decidiren o seu destino, sexa este o dos lagartos, o das avelaíñas ou mesmo o das bolboretas.

Otros libros del autor

  • A FOLLA AZUL
    Titulo del libro
    A FOLLA AZUL
    ANDREA MACEIRAS
    A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos t...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • MIÑA QUERIDA SHEREZADE
    Titulo del libro
    MIÑA QUERIDA SHEREZADE
    ANDREA MACEIRAS
    Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes ...
    RECÍBELO EN 72H

    14,20 €

  • VIOLETA TAMURANA
    Titulo del libro
    VIOLETA TAMURANA
    ANDREA MACEIRAS
    As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón vol...
    Disponible en 5 días

    14,65 €