Descuento:
-5%Antes:
Despues:
14,25 €«A través da ollada de Sara a novela de Adrián Noia articula
unha procura que é ao tempo íntima e colectiva. Canda a ela,
unha liña de mulleres unidas por esa interrupción: Encarnación,
envolta nunha morte nunca explicada; Fina, depositaria dunha
memoria que xa non pode expresarse; a nai, que conserva apenas
ecos; e Sara, que herda non tanto un relato como a necesidade
de construílo. Nesa cadea recoñecemos unha das dimensións
máis fondas da memoria histórica: non só o que foi silenciado,
senón o modo en que ese silencio se transmite, se incorpora,
se fai corpo. A historia familiar convértese nunha vía de acceso
a unha realidade máis ampla, a da violencia e a represión que
marcaron a posguerra, e tamén das súas consecuencias
prolongadas no tempo, porque o que non foi contado non
desaparece: transforma as relacións, condiciona as identidades,
instala preguntas que reaparecen xeración tras xeración.
A literatura convértese así en espazo de restitución simbólica e
acada unha fonda dimensión ética: non reconstrúe o pasado,
mais abre un espazo no que o que ficou fóra do relato pode,
cando menos, ser convocado.»
(…)
«Mais se algo define con intensidade este libro é a súa atención
á soidade, presente e pasada, como unha forma radical de
desamparo.»
(Prólogo de María López Sández).