O SOLPOR DOS DEUSES

O SOLPOR DOS DEUSES. AS CRÓNICAS DE BRAN VOL.3

Editorial:
CONTOS ESTRANOS CONTOS ESTRAÑO CONTOS ESTRANHOS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-942971-6-8
Páginas:
253
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,00 €

As Crónicas de Bran volume 3: O Solpor dos deuses

Autor: Xosé Duncan, o escritor galego que xa coñecimos coa serie "As crónicas de Bran" e coa novela de terror "Hostal Norte". As ilustracións interiores son de José Ángel Ares, e as capas son obra de José María Picón

Ano de publicación: 2015

Xénero literario: É unha historia de Fantasía, máis en concreto de Fantasía heroica ou épica, que ten o desenvolvemento e ton propios da novela de Aventuras. Ten tamén elementos da Ciencia-Ficción e o seu subxénero Steam-Punk. Polo seu prantexamento, é unha leitura axeitada para o público xuvenil.

Con "O Solpor dos deuses", Xosé Duncan conclúe a triloxía de "As Crónicas de Bran", a primeira saga de Fantasía Heroica escrita e publicada íntegramente en Galego. Como xa vimos na súa presentación, é a parte máis épica e tamén a máis crepuscular das tres. A ambientación fusca e o carácter fatalista marcarán a historia de Bran e o resto de personaxes perante toda a novela.


Dende o seu título, que vencellamos á opera de Richard Wagner e, por medio dela, ao Ragnaröck da mitoloxía escandinava, "O solpor dos deuses" é a historia da inexorábel e ominosa fin da era que ambienta a triloxía.

O texto reflicte a notoria influencia de dous autores titánicos e das súas creación máis tráxicas e escuras. Por unha banda, a mestura de fantasía crepuscular e Ciencia-Ficción New Wave de Michael Moorcock. Pola outra, as crónicas de Bran Mak Morn, o rei picto de Robert E. Howard, soberano dun pobo bárbaro que resistía o avance da civilización refuxiado na breixeira.