O tellado de Bieito é o tellado favorito de Gato; encántalle pasear polas súas tellas. Pero... un momento! Tamén é o tellado favorito de Rato. E de Raposo e de Esquío, e de Bufo, Avelaíña, Ourizo, Ouriza, Ourizón e Pulga. Todos están enriba do tellado e non lles gusta nada ter que compartilo. Comezan a discutir e discutir, ata que, de súpeto, senten un estralo moi forte...