O TESOURO DO DOURADO

O TESOURO DO DOURADO. RELATO DUNHA EXPEDICION CLANDESTINA AUTOR FERROLANO

Editorial:
TOXOSOUTOS TOXO SOUTOS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-942224-5-0
Páginas:
76
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NUME
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,00 €
Comprar

«O tesouro do Dourado»
Alberto G. Aneiros. Editorial Toxosoutos.
a. s. redacción / la voz

O tesouro do Dourado evoca dende o seu título a epopea dos exploradores e conquistadores á procura do ouro americano. Con este libro gañou Alberto G. Aneiros a pasada edición do certame de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos. O narrador da historia é un galego que conta os feitos acontecidos anos atrás durante unha expedición da que tomou parte. A aventura arranca nos territorios coñecidos como Nova Granada, hoxe parte de Colombia, durante o século XVII e está protagonizada por un grupo de persoas que de xeito clandestino, sen licenza real, emprende a busca do mítico tesouro tan cobizado polos españois en América. Un relato que se move nas coordenadas do xénero, con acción e sorpresas.

Otros libros del autor

  • ENREDADOS
    Titulo del libro
    ENREDADOS
    ALBERTO G. ANEIROS
    Conectados a diario cos nosos aparellos tecnolóxicos, contamos de nós máis que nunca. Escribimos en foros, chats, bl...
    Disponible en 5 días

    14,00 €