O ÚLTIMO BARCO

O ÚLTIMO BARCO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
POLICIACA THRILLER
ISBN:
978-84-9151-304-9
Páginas:
800
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
En stock

23,95 €
Comprar

O último barco unha nova entrega do inspector Leo Caldas que se publicará simultáneamente en galego e castelán

A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan na area, os mariñeiros guindan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo.

Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a unha comida familiar na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios.

E aínda que nada pareza ter alterado a casa nin a vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña comprobará que, na vida coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de devastadoras correntes.

Domingo Villar (Vigo, 1971) regresa cunha novela negra ambientada na ría de Vigo, unha nova entrega da serie que inaugurou en 2006 da man de Galaxia con Ollos de auga e que está protagonizada polo inesquecible inspector Leo Caldas. Dende o segundo volume desta saga, A praia dos afogados, publicada en 2009, van case dez anos nos que Villar foi alimentando un fiel lectorado que se conta por milleiros. Mais tamén houbo tempo nesta década para ver a súa obra traducida a máis de 15 idiomas, adaptada ao cine (2015) e recibindo recoñecemento internacional no Reino Unido (finalista dos Crime Thriller Awards e do Dagger International), Francia (Premio Le Point du Polar Européen) ou Suecia, onde recibiu o premio da Academia Sueca de Novela Negra.

O último barco chegará ás librarías simultaneamente o 6 de marzo con Galaxia en galego, e en castelán da man de Ediciones Siruela.





Domingo Villar Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.

Premio "autor do ano 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria pola novela A praia dos afogados.



























Otros libros del autor

  • TRILOGÍA DEL INSPECTOR LEO CALDAS
    Titulo del libro
    TRILOGÍA DEL INSPECTOR LEO CALDAS
    VILLAR, DOMINGO
    Por primera vez reunidas en un estuche, las tres novelas que convirtieron a Domingo Villar en referencia indiscutibl...
    En stock

    59,95 €

  • SÍBARIS
    Titulo del libro
    SÍBARIS
    VILLAR, DOMINGO
    RECÍBELO EN 72H

    15,95 €

  • SÍBARIS
    Titulo del libro
    SÍBARIS
    VILLAR, DOMINGO
    LA COMEDIA NEGRA DE UNO DE LOS MÁS QUERIDOS AUTORES DE LA NOVELA POLICIACA EN ESPAÑOL «No me ofrezcan vivir en un gr...
    En stock

    15,95 €

  • EL ÚLTIMO BARCO (INSPECTOR LEO CALDAS 3)
    Titulo del libro
    EL ÚLTIMO BARCO (INSPECTOR LEO CALDAS 3)
    VILLAR, DOMINGO
    El tercer caso del inspector Leo Caldas. La mejor obra de Domingo Villar. Mucho más que una gran novela policiaca. M...
    En stock

    14,96 €

  • ALGUNOS CUENTOS COMPLETOS
    Titulo del libro
    ALGUNOS CUENTOS COMPLETOS
    VILLAR, DOMINGO
    «Este libro de cuentos pretende celebrar  la vida y la amistad en un encuentro, como en nuestras reuniones de amigos...
    RECÍBELO EN 72H

    19,95 €