OBRA DRAMÁTICA DE FRANCISCO TAXES

OBRA DRAMÁTICA DE FRANCISCO TAXES

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-9782-700-3
Páginas:
400
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

28,95 €

' ' Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita ' ' , como o describiu Manuel Rivas en 1978, o escritor e guionista de cine Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) apostou nos seus textos por un teatro popular, comprometido e divertido, contribuíndo deste xeito a converter a arte de Talía nunha ferramenta fundamental na loita a prol da recuperación e a normalización da cultura e a lingua galegas. Este volume, que recolle a súa produción dramática ao completo, inclúe dúas obras inéditas, Caderno de bitácora -representada polo CDG en 1985- e a persoal e transgresora Elas (1997). Na introdución, preparada por Xurxo Taxes Díaz, dáse conta da andaina vital e artística dun dramaturgo que soubo, sen prescindir da defensa dun teatro de diálogos áxiles e aparencia sinxela e natural, afondar nos grandes temas da condición humana, como a morte, a violencia, o poder ou o sexo. Un libro clave para a recuperación dun dramaturgo clave no devir do teatro galego da segunda metade do século XX.