OS ABISMOS DA NOITE ETERNA VOLUME III LUZ QUE CREBA NOITE

OS ABISMOS DA NOITE ETERNA VOLUME III LUZ QUE CREBA NOITE. A LUZ QUE CREBA A NOITE

Editorial:
URCO
Año de edición:
Materia
FANTASÍA
ISBN:
978-84-15699-81-1
Páginas:
233
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,00 €

Alén das fronteiras do Muro a escuridade medra acubillada nun inverno implacable. A Besta agóchase ladina agardando a súa quenda de comezar a arrasar a vida, namentres a desesperación, a desconfianza e un horror profundo comeza a lañar os espíritos dos guerreiros máis denodados.

Balso caeu, del non se sabe máis que foi engulido por unha escuridade famenta.

Graguel, o Custodio do Saber Antigo, partiu cara ao sur na compaña de Príamo, rei de Teno, e do valeroso gadeón Terán na incerta procura de forxar unha alianza por milenios esquecida.

Atir, a afouta guerreira da Fraga Insondábel, atravesou a derradeira fronteira do norte na compaña de ardénligos, baranos, mestos e ódalos, nun desesperado intento de minguar o poder da Besta antes de que a súa maldade torne invencible.

Airem, princesa de Asgra, atravesa Alianza de sur a norte cunha longa e tenebrosa sombra atoldando o seu corazón aterrecido.

Namentres Barondor, o traidor de Helémodo, axexa con ollos carniceiros a chegada das patéticas forzas dos homes, relambéndose de pracer ao ventar no seu maxín perverso o olor do sangue inminente.

A batalla decisiva achégase. Luz contra escuridade. É a hora de loitar, é a hora de sangrar, é a hora de morrer… para que a vida poida vivir.